Amosar a cultura e a tradición vitivinícola trivesa. É o obxectivo dunha actividade que novamente se inclúe no programa do verán cultural do Concello de Trives. Leva por título “Vivamos o viño” é está organizada dende o servizo municipal de Turismo “co fin de dar a coñecer as adegas e viños da zona”, que se caracteriza pola súa viticultura en bancais e amparada pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Neste verán comezarase cunha visita á Adega Chao do Couso, “onde ademais coñeceranse os seus viñedos, facendo unha pequena ruta por éstes. Será o mellor xeito de saber, comprender e valorar os sinais de identidade dos nosos viños”, aseguran dende o Concello de Trives.
Esta actividade está prevista para o vindeiro 6 de xullo. Sairase ás 11:30 h. dende a Oficina de Turismo, no Edificio Santa Leonor de Trives, para visitar a citada adega.
A persoas interesadas poden anotarse ou solicitar máis información na Oficina de Turismo de Trives: 988330967.