DeportesÚltima hora

Trives celebra esta fin de semana a 12+1 concentración mototurística

Paulo Martinho presentará un espectáculo co seu Ferrari na medianoite do 9 ao 10 de xullo, no marco da xuntanza organizada polo Moto Club Os Esquíos
Ruta moteira pola Pobra de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.
Ruta moteira pola Pobra de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

Un ano máis, a segunda fin de semana do mes de xullo as motos tomarán A Pobra de Trives. E farano da man do Moto Club Os Esquíos que organiza a súa concentración mototurística, “a máis veterana da provincia de Ourense”, din, e que este ano en que celebran a edición “12+1”, presenta novas sorpresas.

A programación inclúe xantar, fantásticas rutas de interior con pinchos en abundancia, animacións, música, entregas de premios e agasallos, unha ruta de bengalas como homenaxe aos compañeiros caídos nas estradas, exhibicións acrobáticas a cargo de Paulo Martinho que este ano presenta como novidade un espectáculo con Ferrari.

Cartaz da concentración mototurística Os Esquíos 2016.
Cartaz da concentración mototurística Os Esquíos 2016.

Haberá zona de acampada, tanto cuberta como exterior, con servizos e duchas, así como hoteis, campings, pazos e pensións colaboradoras.

A inscrición é de 30 euros (25 euros para socios/as do Moto Club) e o aforo limitado aos 350 primeiros inscritos.

Máis indformación na edición en papel do Periódico O Sil, no facebook do Moto Club: https://www.facebook.com/osesquiostrives/?fref=ts ou no e-mail: os.esquios@gmail.com

Artigos relacionados

Back to top button