DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Trives celebra o Día da Bici

Numerosas persoas participaban na mañá do 14 de agosto neste evento deportivo e festivo

Dende a Finca da Barreira partía o percorrido festivo e deportivo do Día da Bici 2016 en Trives na mañá do 14 de agosto. Numerosas persoas de todas as idades, dende meniños ata veteranos, collían a súa bicicleta e sumábanse a esta iniciativa, promovida polo Concello de Trives.

As inscricións abríanse ás dez da mañá e a saída dábase ás doce. A organización, en mans do Concello de Trives, establecía dous percorridos un para os nenos (de menor distancia e urbano) e outro para os adultos (de 5 km e que saía fóra da vila). A meta desta proba popular situábase tamén na Finca da Barreira. Ao rematar facíase o sorte dunha bici entre os máis pequenos, na que afortunada era Ana Basalo González, e outra entre os adultos que conseguía Francisco Jiménez, veciño da Encomenda.

Nesta galería de imaxes poden verse diferentes moementos da proba, así como aos afortunados no sorteo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button