ConcellosÚltima hora

Trives celebra o Día da Muller Rural o 15 de outubro con diversas actividades

 

O Auditorio Julio Vázquez de Trives acollerá o día 15 de outubro a partires das sete da tarde un variado programa para celebrar o Día da Muller Rural “centrado nas mulleres galegas”. Estes actos (promovidos polo Concello de Trives, dende o Centro de Infomación á Muller) incluirán unha mesa-debate coa intervención de Marian Dorta, Darija Cz, Violeta Torres e Gloria Chamorro, que “falarán en primeira persoa da súa singladura vital e profesional”, segundo a organización.

Non faltarán tampouco actuacións de cantareiras, de danza oriental, baile con lume e a de Antía Pousa (segunda finalista do concurso Canta en Caldelas).

O obxectivo desta iniciativa é “dar maior protagonismo ao emprendemento feminino e ao labor que desenvolven as mulleres como sostén do tecido social e cultural da zona rural e reivindicar o papel das mulleres que foron silenciadas na historia de Galicia dende diferentes ámbitos”, segundo o Concello da Pobra de Trives.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button