ConcellosÚltima hora

Trives celebra o Día do Libro construíndo unha “cadea virtual de lecturas”

 

Cunha proposta moi singular e orixinal está a conmemorar o Concello de Trives o Día do Libro neste 23 de abril. Propón “construír unha cadea virtual para compartir” lecturas a través das súas redes sociais dunha forma moi sinxela: deixando unha cita “do teu libro favorito, ou o que esteas a ler agora, ou a que consideres máis apropiada neste día”.

Dende o Concello de Trives anímase a sumar “entre todos un día do libro repleto de testemuños e esperanza. As mellores viaxes poden facerse dende casa”.

Entre as citas que forman parte desta cadea está unha de Mario Benedetti.

 

Artigos relacionados

Back to top button