DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Trives celebra o magosto con carreira popular e merenda

Marcos Pose e Conchi Baloira gañan a I Carreira da Magosteira

Cun par de semanas de retraso, por mor das inclemencias meterolóxicas, A Pobra de Trives celebraba por fin o seu magosto. Facíao na tarde do sábado 15 de novembro, cun programa que arrancaba coa I edición da Carreira da Magosteira na que participaron cativos dende benxamíns ata infantís, e tamén adultos.

Finalmente a proba atlética desputábase sobre un circuíto urbano. O máis pequeniños, os benxamíns completaban 200 metros de percorrido, os alevíns 600 e os infantís 900.

Con respecto á categoría sénior, os participantes completaron uns 2.300 metros ata chegar á meta. Nesa proba, o primeiro dos homes en chegar á meta era Marcos Pose da Rúa, seguido por Xulio José de Santiago e Pío Domínguez de San Fiz (Trives). Con respecto ás mulleres, a máis rápida era Conchi Baloira de Trives, mentres que o segundo posto era para Mariajo Rioz de Trives e o terceiro para Amaia Fernández de Celanova.

Trala carreira, tiña lugar o magosto popular en Santa Leonor cunha completa merenda a base de empanada, chourizo, viño, doces caseiros e castañas asadas.

Fotos cedidas por Tino Sierra.

Artigos relacionados

Back to top button