ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives celebra o San Bartolomé con moita música

A festa, que continuará nesta xornada do 24 de agosto, está sendo organizada por unha comisión formada por catro mozos

O animado son da charanga Terras do Bibei marcaba en Trives o inicio das festas na honra de San Bartolomé na mañá do 23 de agosto. Nesta ocasión, esta celebración está sendo organizada por un grupo de catro mozos triveses que deseñaron un programa que aposta, e con éxito, pola música.

Multitude de persoas bailaban e cantaban ao ritmo da orquestra Tango na verbena da noite do 23. Para hoxe, 24 de agosto, están previstas as actuacións da charanga Nova Terras de Trives e ás 21:30h. amenizará a verbena o Grupo Limón. Dende a comisión de festas anímase a achegarse ata a vila “para pasalo ben”.

Nesta galería de fotos pode verse á charanga Terras do Bibei nas dúas primeiras fotos, despois a tres dos membros da comisión de festas e varios momentos da verbena coa orquestra Tango.

Artigos relacionados

Back to top button