ConcellosÚltima hora

Trives celebrará o seu tradicional Día da Bici o vindeiro domingo 11 de agosto

A saída da ruta será ás 12:00 horas dende a Praza de Abastos da vila

 

Cartel da actividade.

 

O xa tradicional Día da Bici da Pobra de Trives terá lugar o vindeiro domingo, día 11 de agosto. A saída terá lugar ás 12:00 horas dende a Praza de Abastos. Así, os participantes (de tódalas idades) poderán inscribirse de forma gratuíta no mesmo sitio a partir das 10:00 horas.

Nesta ruta haberá dous percorridos diferentes: un de 8 quilómetros aproximadamente, e outro para os máis cativos duns 400 metros. O uso do casco será obrigatorio e Policía Municipal, Protección Civil e voluntarios guiarán e acompañarán aos participantes.

Así, rematarán novamente na Praza de Abastos cun avituallamento e trala chegada de tódalas bicis, deberán entregar o seu dorsal e realizarase, como en cada edición, o sorteo de dúas bicicletas entre os participantes

Artigos relacionados

Back to top button