DeportesÚltima hora

Trives comeza o seu circuíto de sendeirismo familiar cunha ruta polos Sequeiros

Esta primeira ruta está prevista para o vindeiro 10 de xullo, con saída ás 9:10h. dende a praza do Concello
Vista dalgúns dos antigos Sequeiros no municipio de Trives./ Foto cedida.

As mañás dos martes en xullo e agosto no verán trivés estarán dedicadas ao sendeirismo en familia. Dende o Concello de A Pobra de Trives organizarase unha serie de rutas de sendeirismo guiadas coa “finalidade de chegar a todos os públicos dando a coñecer a nosa montaña e o que nos rodea. Son rutas sinxelas e de dificultade baixa para chegar a un maior número de xente e que se animen a facer un roteiro cada semana polas fermosuras dos nosos bosques”, tal e como se informa dende o Concello de Trives.

Este ciclo de andainas comezará o vindeiro martes 10 de xullo cunha ruta polos Sequeiros. “Camiñaremos polos bosques que nos guían cara Os Sequeiros, mergullándonos na súa maxia, e cargando os pulmóns en contacto coa plena natureza, gozando da paisaxe do Val de Navea, declarado Primeira Paisaxe Protexida de Galicia“, adiantan dende o Concello.

“Ás 9:10h. sairemos dende a Praza do Concello, cada un no seu vehículo, cara o pobo de Pena Folenche, e partirá a ruta ás 9:30h. da mañá dende a Pena Folenche cara Os Sequeiros”, segundo indica o Concello de Trives.

Neste traxecto os participantes poderán coñecer cal era a función dos Sequeiros, ligada á produción de castaña na zona, e xa ao remate subirase ao miradoiro da Pena Folenche para contemplar os cumes montañosos que rodean o lugar.

 

Artigos relacionados

Back to top button