ConcellosÚltima hora

Trives concentrarase contra o “crime machista cometido en Valga”

O acto, no que se gardará un minuto de silencio, está convocado para esta tarde ás 19h. diante da Casa do Concello

Exterior do Concello da Pobra de Trives./ Fotos: Carlos G. Hervella.

 

A partires das sete desta tarde de mércores 17 de setembro está convocada unha concentración diante da Casa do Concello de Trives en respulsa “ao crime machista cometido en Valga”.

Segundo o comunicado feito público polo Concello, “a violencia machista nunca dá tregua, pero de seguro hoxe é un deses días nos que a sacudida de dor e rabia que produce é máis dura, porque hoxe asasinaron a tres mulleres da mesma familia e porque ademais foi en Galicia. Un acto como éste é intolerable e merece toda a nosa repulsa”.

Neste senso, o Concello da Pobra de Trives convoca esta concentración para “amosar a nosa condena a un acto tan infame, e a nosa solidaridade con tódalas mulleres que sofren ou sufriron a violencia, na loita pola súa erradicación”. Con este acto tamén secundan “a concentración convocada pola Subdelegación do Goberno na provincia, gardaremos un minuto de silencio”.

Artigos relacionados

Back to top button