ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives conmemora o “Día da Muller Rural” en Cova

Máis de medio cento de persoas reuníanse na Casa Agenor en Cova para participar nesta celebración

Baixo o lema “faite visible, apúntate!” desenvolvíase na tarde do 15 de outubro no concello trivés a celebración do “Día da Muller Rural” coa asistencia de máis de medio cento de persoas. En concreto os actos tiñan lugar na Casa Agenor de Cova cunha serie de actos nos que se expoñían diversas experiencias de mulleres trivesas de diferentes idades. Tamén interviña o alcalde, Domingo Diéguez, quen daba lectura a unhas palabras adicadas a todas as mulleres poñendo en valor os traballos que éstas desempeñan na sociedade en xeral e a súa importancia na sociedade trivesa.

A continuación Susana Gómez, directora do CIM da Pobra de Trives, explicaba os novos xacementos de actividade para a muller no rural con exemplos como Eferro ou Idoia Cuesta, entre outras. Dende Casa Agenor, Isabel Prada tamén tomaba parte no acto explicando as súas vivencias como emprendedora. Logo as asistentes compartían unha cea e a celebración contaba tamén coa animación musical das Macizas Centrais.

Fotos: Concello da Pobra Trives.

Artigos relacionados

Back to top button