ConcellosTrivesÚltima hora

Trives convoca o I Concurso de Fotos de Mulleres Rurais

 

Ata o vindeiro 18 de outubro estará aberto o prazo de presentación de traballos ao I Concurso de Fotos de Mulleres Rurais do Centro de Información á Muller (CIM) de Trives. “Este ano, debido ás restricións sanitarias, acordamos a non celebración de actos presenciais pero non queríamos esquecer este especial día para todas nós. Por iso abrimos a convocatoria do concurso”, tal e como se indica dende o Concello de Trives.

A temática do certame é “Muller e medio rural” e nel poderán participar fotos que sexan inéditas, enviándoas ao enderezo electrónico cimtrives@gmail.com. As tres mellores fotografías ganaran produtos feitos por mulleres da comarca das Terras de Trives.

O xurado do concurso estará composto por persoal do Concello da Área de Igualdade e por unha persoa experta en fotografía. As fotos serán publicadas en redes sociais.

 

Artigos relacionados

Back to top button