CulturaCulturaÚltima hora

Trives convoca o I Concurso de Fotos de Samaín con perspectiva de xénero

 

Ata o vindeiro 2 de novembro poderán presentarse instantáneas ao “I Concurso de Fotografía de Samaín con perspectiva de xénero/reivindicación da Meiga” que se promove dende o Concello de Trives a través do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Pobra de Trives.

“As bruxas era mulleres con coñecementos de menciña, practicaban abortos, pensaban, vivían en comunidade…. Eran perigosas e por iso relacionábanas coa bruxería. Dende o Concello, co CIM queremos reindivicar o papel da Meiga”, indican dende o Concello trivés. Neste senso, convican a participar neste concurso,  “sobe a túa foto disfrazada de Meiga e as dúas mellores levarán un agasallo sorpresa”.

As fotos deberán ser inéditas e terán que remitirse ao e-mail cimtrives@gmail.com, indicando nome e apelidos da concursante e número de teléfono.

“Só se admite unha foto por participante. Publicaremos as fotografías en redes sociais, polo que a participación no concurso supón a aceptación da difusión das fotografías. O Xurado estará composto por persoal do Concello da área de Igualdade e por unha persoa experta en fotografía”, segundo as bases do certame.

Artigos relacionados

Back to top button