ConcellosÚltima hora

Trives crea unha sinalización para garantir a seguridade dos viandantes na desescalada

Está feita con pegadas e nela indícase o sentido no que deben circular os peóns no casco urbano e a distancia interpersoal que se debe manter

Sinalización de pegadas no centro de Trives./ Foto cedida.

 

Nesta etapa de desescalada e co fin de garantir a seguridade dos seus veciños, o Concello da Pobra de Trives vén de crear unha sinalización no municipio. “Continuamos a recomendar que os viandantes circulen pola dereita, isto é en sentido anti-horario, dentro das vías urbanas, tal e como se indica nas imaxes. En vías interurbanas, a circulación de peóns debe ser pola esquerda”, segundo informa o Concello.

Nese senso creouse unha sinalización con pegadas nas rúas desta recomendación na que se indica: o sentido no que han de circular os viandantes dentro do casco urbano e a distancia interpersoal que se debe manter. Dende o Concello de Trives indican que, “co cumprimento desta recomendación, aumentarase a seguridade, ao evitarse os cruces entre camiñantes. Empregamos tamén estos marcadores no edificio do Concello para recordar a distancia interpersoal”.

 

 

Ademais dende esta administración local lémbrase que “a desescalada das medidas decretadas polo estado de alarma non comporta deixar de cumprir as normas para evitar contaxio. É moi importante manter distancia física de 2 m, e as saídas, paseos … deben facerse de xeito individual (salvo as excepcións previstas) polo que non están permitidas as reunións na rúa de grupos de persoas, que son sancionables” e insístee na importancia da hixiene e demais indicacións efectuadas para as saídas”.

Artigos relacionados

Back to top button