CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Trives dá a benvida ao 2022 co Concerto de Aninovo do Orfeón Trivés

 

Con moitas ganas e ilusión, despois de case dous anos sen dar un concerto, o Orfeón Trivés reencontrábase co público na tarde deste domingo 2 de xaneiro. Facíao na igrexa parroquial do Santo Cristo da Misericordia de Trives, co tradicional Concerto de Aninovo, incluído na programación de Nadal do Concello.

 

A directora do Orfeón Trives, Sandra González.

 

Así, trala benvida e presentación por parte da directora, Sandra González, o coro iniciaba a actuación facendo un completo repaso por algunhas das panxoliñas máis tradicionais e outras máis actuais. Comezando co Benedicat Vobis de Häendel e continuando co Dadme Albricias (anónimo do século XVII), o concerto incluíu os Tres Motetes de Julio Domínguez (Laudate Dominun interpretado polas mulleres; Lux Fulgebit interpretado polos homes e Gloria Patri); e tamén clásicos galegos como En Belén (letra e música de José Vera), Boliños do Pote (harmonización de F. Rey Rivero) ou A Belén vide pastores (harmonización de Luis Olano Arias).

 

O belén instalado na igrexa de Trives.

 

Como broche á esperada actuación, o Orfeón Trivés interpretaba Adeste Fideles (harmoniazación de J. Readind) e Noche de Paz (Fran Gruber).

Os asistentes ao concerto, ademais de desfrutar coas voces corais puderon admirar o nacemento exposto durante o Nadal nun dos laterais da igrexa parroquial.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button