ConcellosÚltima hora

Trives, de festas tamén en setembro

Celebraranse os días 13 e 14 de setembro na honra do Cristo e o 19 e 20 na honra da Dolorosa
Procesión na honra do Cristo na Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.
Procesión na honra do Cristo na Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Santo Cristo da Misericordia e A Virxe das Dores, patróns de A Pobra de Trives, son os protagonistas das festas de setembro na capital da comarca trivesa. Unhas festas que se celebrarán o 13 e 14 na honra ao Cristo e o 19 e 20 na honra á Dolorosa.

“A data de celebración do Cristo é o 14 de setembro e sempre se respecta”, di o párroco de Trives, Pedro Núñez, “pero hai moitos anos decidiuse celebrar a Dolorosa (cuxa honomástica é o 15 de setembro) o seguinte domingo despois do Cristo, sendo unha data que varía duns anos a outros”.

Os actos na honra ao Cristo comezarán coma sempre coa novena que se desenvolverá do 5 ao 13 de setembro ás 20h. na igrexa parroquial (con rosario e misa). E xa o domingo día 13 a xornada festiva comezará cunha alborada a cargo da charanga Nova Terras de Trives pola vila. De cara á noitiña o baile en sesión de tarde e verbena estará amenizado pola orquestra Pasarela, con sesión de fogos artificiais pola noite.

Ao día seguinte, 14 de setembro, festividade do Santo Cristo da Misericordia, o pasarrúas correrá por conta da Banda de Música de Xinzo de Limia que tamén será a encargada de amenizar a procesión prevista para as 12h. e posterior misa solemne na igrexa parroquial. A propia igrexa será tamén o punto de partida para a multitudinaria procesión que levará á imaxe do Crucificado polas principais rúas do pobo. Ese será un dos momentos máis esperado e emotivo xa que o Cristo reúne en torno á súa figura a un gran número de devotos que se concentran na Cofradía que leva o seu nome.

Con cinco días de diferenza, a seguinte fin de semana (19 e 20 de setembro) tocaralle o turno á Virxe das Dores, popularmente coñecida como a Dolorosa.

Artigos relacionados

Back to top button