Trives despide o ano ao son das corais

A Coraliña Infantil, a Coraliña Cantora e o Orfeón Trivés, no certame celebrado no Auditorio

Obradoiros, contacontos, carreiras, festivais, exposicións, cine,… Moi extenso e variado está sendo o programa de Nadal na Pobra de Trives que despedía o ano ao son das corais.

Na tarde do 30 de decembro, o Auditorio Julio Vázquez acollía o tradicional certame navideño que contou coa actuación dos tres coros que hai na localidade, dirixidos por Sandra González. Os primeiros en actuar eran os máis pequeniños, a Coraliña Infantil que interpretaron cinco temas: Simba Saya, Mantusha Lupa Musha, Los Cacharros, El burrito sabanero e Rodolfo el reno. De seguido tocáballe o turno á Coraliña Cantora con Dodili, Keshet l’vana, Siempre e Kusimama.

Os últimos en subirse ao escenario eran os membros do Orfeón Trivés que poñían voz a outros cinco temas: Verbum caro factum est (anónimo s. XVI), O sacrum convivium (Luigi Molfino), Villancico del canario (Íñigo Casali), Tres motetes (Julio Domínguez) e Regina caeli laetare (Gregor Aichinger).

O festival remataba cos tres coros sobre o escenario interpretando Dubi dum.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies