ConcellosTrivesÚltima hora

Trives despide o verán celebrando a festividade da Dolorosa esta fin de semana

A misa solemne na honra á Virxe das Dores será o domingo, 19 de setembro, ás 13 horas

Imaxe da Dolorosa, na Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Apenas unha semana despois de conmemorar a festividade do Santo Cristo da Misericordia, cun programa que incluíu pregón, fogos artificiais, cultos e moita música, A Pobra de Trives prepárase para despedir a tempada estival con outra celebración, nesta ocasión a festividade da Dolorosa.

E para iso, dende o Concello elaboraron un novo programa cultural que arrancará mañá, sábado 18 de setembro coa charanga Nova Terras de Trives que percorrerá as rúas da vila tocando, pola mañá e tamén pola tarde. Para as 18 horas na praza do Reloxo, está previsto o espectáculo infantil Charlie o inventor de palabras con Carlos Sante, un espectáculo cómico e participativo para rapaces de primaria sobre o máxico mundo das palabras descoñedidas. E xa para as 21 horas na mesma praza, está prevista a actuación do showman Alberto Cunha.

O domingo 19 de setembro, honraráse á Virxe das Dores cunha misa (sen procesión) ás 13 horas; e un concerto da Banda de Celanova previsto para as 17 horas na praza do Pilón.

 

Artigos relacionados

Back to top button