En portadaÚltima hora

Trives e Río apostan pola tecnoloxía para mellorar a calidade dos veciños que viven sos

Desenvolven un proxecto piloto de IoT (Internet of Things) que vén de obter a maior puntuación nos fondos Feader da Unión Europea que se xestionan dende os GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural)

Publicidade
Sensores magnéticos de portas, detectan cando se abre unha porta ou se pecha, válido tamén para neveras./ Cedida.

 

Un proxecto conxunto entre os Concellos de Trives e de San Xoán de Río vén de obter a maior puntuación nos fondos Feader da Unión Europea que se xestionan dende os GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural).

“A tecnoloxía permíteme vivir soa”, esta é a frase resumo deste proxecto piloto de IoT (Internet of Things), din dos promotores, que se instalará en 40 domicilios, 20 en Trives e 20 en Río, de maiores que viven sos. Ademais “será totalmente gratuíto, xa que os fondos europeos financiarán o 90% do proxecto e ambos concellos un 5% cada un”, informan os concellos.

Nos vindeiros días elaboraranse unhas bases para seleccionar aos participantes deste proxecto “moi necesario na nosa zona”, adiantan os Concellos de Trives e Río. “Cada un dos usuarios terá unha solución feita á súa medida e poderán ser controlados, de forma non intrusiva polos seus familiares, servizos sociais de ambos concellos ou un operador homologado, as 24 horas do día dos 365 días do ano”.

 

Botón para ter na mesilla, ao pulsalo salta unha alarma./ Cedida.

 

Isto será posibles grazas á tecnoloxía, e, máis en concreto, “a unha serie de sensores que permitirán, segundo as necesidades de cada usuario, saber cando sae e volve a casa, as horas que durme cada día, a temperatura da casa, posibles escapes de gas ou incluso funcionar como alarma”, aseguran os concellos.

Xa está instalada unha casa piloto en San Xoán de Río, onde a xente pode ver físicamente como funciona esta proposta. Debido as novas teconoloxías esta aplicación aprenderá as rutinas das persoas e a través de intelixencia artificial poderá detectar que unha persoa ten calqueira problema e avisar a quen sexa necesario, familiares, servizos sociais ou médico se existe algún cambio de rutinas antes de que a propia persoa se de conta.

 

Artigos relacionados

Back to top button