ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Trives e Río piden a súa inclusión no Xeodestino Ribeira Sacra e na candidatura a Patrimonio da Humanidade

Veñen de emitir un comunicado conxunto no que tamén solicitan que se lles inclúa no Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Despois da nova do aprazamento da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, dende os Concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives, pertencentes a ese territorio, vén de emitirse un comunicado conxunto no que expresan o seu agradecemento “a todas as persoas que traballaron e se involucraron neste apaixoante proxecto. A Ribeira Sacra conseguíu ser un referente a nivel nacional e internacional, cristalizaron moitas ilusións que fai anos serían impensables. Os nosos veciños e veciñas son os protagonistas deste lugar máxico que é a nosa Terra e que debemos descubrir ao mundo. Se Río e Trives, que somos Ribeira Sacra, non estivemos dende o comezo nesta candidatura foi pola deixadez e a falta de xestión dos anteriores gobernantes que non se sumaron dende o principio ó lugar onde nos corresponde estar”.

Ambos Concellos lembran que o ano 2019 solicitaron entrar “tanto no Consorcio de Turismo coma no Xeodestino da Ribeira Sacra. Agardamos impacientemente para que este ano, unha vez proclamado o Patrimonio de Humanidade pasaran ambas cousas, mais agora, chegou o momento, con esta pausa, na que debemos sumar neste proxecto e reforzar a Candidatura da Ribeira Sacra de cara á súa presentación oficial, xa que para a solicitude e o proxecto incluiron bens patrimoniais dos nosos dous concellos”.

Neste senso, os Concellos de San Xoán de Río e da Pobra de Trives solicitan á Xunta de Galicia a suá inclusión no Xeodestino Ribeira Sacra, así como a inclusión na candidatura a Patrimonio da Humanidade e “reiteramos ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra a inclusión de ambos concellos”. Tamén adiantan que “dedicaremos todos os nosos esforzos a reforzar esta candidatura para que por fin en 2023 ou 2024 a nosa zona, a Ribeira Sacra, sexa declarada Patrimonio da Humanidade”.

Artigos relacionados

Back to top button