CulturaCulturaÚltima hora

Trives enceta os actos do 8M coa obra de teatro “Feminíssimas!!”

Representarase o vindeiro domingo ás 19h. no Auditorio Julio Vázquez da vila

 

A cidade de Vigo acolle un congreso feminista no que coinciden tres amigas da adolescencia que hai xa moitos anos que non se ven. Cada unha delas ten unha maneira moi diferente de ver o feminismo. Deste encontro casual parte o argumento da obra de teatro “Feminíssimas!!”, que abrirá o programa de actividades co que se conmemorará en Trives o Día Internacional da Muller, 8 de marzo.

Trátase dunha función da compañía De Ste Xeito Producións, con dirección de Xavier Castiñeira, e de cuxo elenco forman parte Esther F. Carrodeguas e Stephy Llaryora e Noelia Blanco.

Esta representación teatral, con marcadas doses de humor, poderá verse o vindeiro domingo 7 de mazo ás 19h. no Auditorio Julio Vázquez de Trives. O aforo da obra será unicamente do 30% do auditorio.

Artigos relacionados

Back to top button