ConcellosÚltima hora

Trives encetará o Día das Letras Galegas coa “Ruta das Hortas”

Ademais desta actividade de sendeirismo familiar, os nenos pintarán un mural e, xa o día 18, haberá un concerto do rues Magín Blanco

 

Actividade de sendeirismo nas Letras Galegas do pasado ano en Trives./ Foto: Concello de Trives.

De paseo e entre a natureza comezará do 17 de maio, Día das Letras Galegas, en Trives. Seguen os actos programados polo Concello trivés para conmemorar esta data, sendo a xornada do 17 de maio unha das centrais. Así ás 11:30h. sairá dende a Oficina de Turismo, diante do Colexio Santa Leonor, a ruta de sendeirismo familiar “As Hortas”, de aproximadamente 4 km.

No seu decurso “haberá lecturas de poesías e obras da homenaxeada este ano polas Letras Galegas, María Victoria Moreno. Rematará novamente na Biblioteca Municipal onde haberá exposición de libros e obradoiro”, aseguran dende o Concello de Trives. Esta actividade está organizada polas traballadoras da Oficina de Turismo.

As celebracións proseguirán pola tarde e coa divertida proposta “Pintar en Galego…mola!!”. Ás 17h. no Parque da Praza de Abastos continuarase ca actividade iniciada xa fai un ano de pintar no parque enchendo o muro coas palabras galegas máis fermosas, mentres os máis pequenos tamén farán os seus pequenos murais de papel en galego. “Faremos unha vez máis ao noso idioma o único protagonista e que así quede reflexado”, destacan dende o Concello.

 

O cantautor rues Magín Blanco.

O peche da festa será moi especial e está previsto para o venres 18. O músico rues Magín Blanco presentará en Trives o seu novo disco, “Camiños”. “Un espectáculo musical da man dun dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ao público infantil e xuvenil”, sinalan dende o Concello. O concerto será ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez, e a entrada é de 3€ (para nenos e nenas entre 0 e 2 anos de idades a entrada é de balde). A venta de entradas será media hora antes do concerto, no propio Auditorio.

 

Artigos relacionados

Back to top button