CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Trives entrega os premios do seu I Concurso de Contos Curtos

Os tres galardóns concedidos na primeira edición do Concurso Contos Curtos “Cóntame un contiño”, convocado polo Concello de Trives no marco das Letras Galegas, entregábanse na tarde do 12 de xuño. Uns 30 traballos presentábanse ao certame que tiña tres categorías por idades (de 14 anos en adiante, de 10 a 13 anos e de 6 a 9 anos).

As ganadoras desta edición eran Deva Posada, Aroa Posada, Alba Ferreira e Begoña García, que se amosaban ilusionadas e con ganas de poder participar en máis concursos literarios. Recibían os seus agasallos e o diploma acreditavo de mans do alcalde de Trives, Domingo Diéguez, e da concelleira de Cultura, Isabel González.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button