CulturaCulturaEducaciónSen categorizar

Trives, escenario do primeiro Correlingua do oriente ourensán

A vila acollía esta carreira pola lingua na mañá do 16 de maio

correlinguatrives2

correlinguatrives

As rúas do casco vello de Pobra de Trives enchíanse de rapaces con motivo do primerio Correlingua organizado na parte oriental da provincia. Esta marcha, na que tomaban parte un cento de escolares triveses, celébrase a prol do uso da lingua galega. Iniciábase ás 10:15 da mañá dende a praza do Reloxo e remataba logo de dar varias voltas polas vellas rúas da vila.

Os alumnos de ESO chegaban á praza do Reloxo acompañados polos seus profesores e cunha pancarta propia que reproducía o lema do Correlingua “Galego, un paso adiante”. Logo sumábanse os nenos de Educación Infantil e Primaria.

Ao rematar esta carreira pola lingua todos os alumnos fixéronse fotos con cartaces reivindicativos da fala e a cultura propia de Galicia. Os nenos estiveron acompañados polo alcalde de Trives, Francisco José Fernández, e pola concelleira de Mocidade, Marta Domínguez. Para o rexedor a organización deste acto “é unha mostra do compromiso do coa cultura e a lingua propia”. Fernández destacou que “Trives convertiuse no primeiro municipio do oriente ourensán en organizar un Correlingua e sumarse á marea que percorre o país”.

Fotos: cedidas polo Concello de A Pobra de Trives

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button