ConcellosÚltima hora

Trives instala dispensadores de xel hidroalcohólico e luvas xunto aos caixeiros automáticos da vila

"Se se fai uso deles de xeito responsable, colocaremos máis noutros puntos de afluencia", aseguran dende o Concello

 

Dentro da súa liña de actuación contra o coronavirus, o Concello da Pobra de Trives vén de instalar neste sábado 25 de abril dispensadores de xel hidroalcohólico e luvas ao carón dos caixeiros automáticos deste vila. “Son para o uso de todos e todas, tamén dos nenos e non só dos usuarios dos caixeiros, aproveitando as medidas de seguridade e vixianza das entidades bancarias. Incrementamos así as medidas profilácticas”, di a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez.

Ademais dende o Concello de Trives pídese á cidadanía que faga “un uso responsable e solidario, e que as luvas, unha vez usadas, sexan despositadas no correspondente colector”, tamén instalado na rúa, evitando así que sexan tiradas ao chan.

Tamén se adianta dende o Concello que, “se este uso se fai de xeito responsable, colocaremos máis noutros puntos de afluencia”. E, de novo, lémbralle á cidadanía que continúe “coas medidas de prevención: confinamento, hixiene, distancia social…” para poñerlle freo ao virus.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button