Despois dos resultados negativos dos tests realizados nas últimas horas na área sanitaria do PAC de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río; as cifras de positivos por COVID-19 mantéñense, tal e como se confirma dende estes Concellos.
Así, Trives conta con 11 casos activos de coronavirus e San Xoán de Río con 9 (entre eles o dun traballador da residencia da terceira idade deste municipio), o que supón un total de 20. Ademais Río, que segue á espera dos resultados dos test realizados o pasado luns no centro de maiores, conta tamén cun falecemento, rexistrado semanas atrás.
Finalmente, Manzaneda continúa sendo, por agora, un concello libre de coronavirus.