En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Trives mantén baixos os seus índices de criminalidade

Neste municipio increméntanse as infraccións administrativas e levemente as infraccións penais sen delitos contra a seguridade vial, tal e como se constababa na Xunta de Seguridade Local celebrada o 23 de febreiro

Na mañá do 23 de febreiro tiña lugar no Concello da Pobra de Trives unha reunión da Xunta Local de Seguridade, que estivo co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e polo alcalde trivés, Domingo Diéguez González. Nela tamén participaban membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Local.

No decurso da xuntanza analizábanse os informes en materia de seguridade cidadá, cunha comparativa semestral setembro 2017 – febreiro 2018. Os datos amosan un mantemento das infraccións penais. Pola contra, increméntanse as infraccións administrativas e levemente as infraccións penais sen delitos contra a seguridade vial. Tamén ascende o número de detencións, así como os índices de esclarecemento, segundo se informa dende A Subdelegación do Goberno en Ourense.

Unha vez avaliados os resultados dos informes, na reunión tratábanse as previsións en materia de seguridade para estes primeiros meses do ano polo importante fluxo de visitantes e viaxeiros que nestas datas acoden á Estación de Montaña de Manzaneda.

O subdelegado do Goberno expresaba o seu agradecemento ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado “polo gran labor levado a cabo na comarca ata o de agora” e amosaba o seu convencemento de que “coa coordinación entre todos os corpos de seguridade a tarefa aínda será máis doada o que repercutirá nunha maior garantía dos dereitos e liberdades do veciños das Terras de Trives”.

Trives ten sido a derradeira localidade, despois de Viana de O Bolo, na que se instaurou a xunta de seguridade local, unha ferramenta de coordinación a prol da seguridade e benestar dos veciños das comarcas da provincia nos derradeiros anos. Na actualidade hai constituídas 12 Xuntas Locais de Seguridade: Ourense, Barbadás, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Viana do Bolo, Celanova, Ribadavia, Allariz, Verín, Xinzo de Limia e O Carballiño e A Pobra de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close