EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Trives mergúllase na cultura vitivinícola coa actividade “Vivamos o viño”

Un grupo dunhas 25 persoas realizaba unha visita guiada polos viñedos e a adega de Chao do Couso

No amplo abano de propostas que vén despregando o Concello de A Pobra de Trives neste verán tamén hai espazo para a tradición vitivinícola desta comarca de montaña. Así na mañá do 10 de agosto organizábase a segunda xornada de “Vivamos o viño” cunha visita aos viñedos e á adega trivesa de Chao do Couso. Nela participaban unhas 25 persoas.

Esta actividade, organizada dende o servizo de Turismo, principiaba ás 11:45 coa saída cara a adega, onde agardaba aos visitantes Xiana Domínguez, responsable de Chao do Couso, que despois facía unha entretida visita guiada polos viñedos.

Neste percorrido os asistentes puideron ver tamén as covas dos fuxidos e ata un lagar romano. Logo xa na adega remataban a visita do mellor dos xeitos posibles: catando os seus viños acompañados doutros produtos de Trives (pan, embutidos e bica). Nesta visita cubríanse as prazas dispoñibles, quedando todos os asistentes “encantados coas explicacións e cos viños da adegueira”, segundo se destaca dende o Concello de Trives.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close