En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Trives, O Barco, Viana e A Veiga, entre os concellos presentes na 20 edición de Xantar

En varios dos expositores do Salón haberá degustacións de produtos artesanais durante a fin de semana

Como un gran escaparate turístico, cultural e gastronómico, de empresas, asociacións e tamén municipios, se presenta cada ano Xantar. Nesta ocasión na que cumpre 20 anos non é unha excepción e son moitos os concellos que contan con representación no Salón Internacional de Turismo Gastronómico que abría as portas na mañá do 6 de febreiro en Expourense.

Hai municipios de diferentes partes de España como Zamora, de Portugal e de toda Galicia. Por proximidade a provincia de Ourense é a que máis representación ten con stand dos concellos de Viana do Bolo, Laza, Xinzo de Limia, O Carballiño, Arnoia, Maceda,… algúns deles promocionando o seu Entroido, e outros moitos con degustacións de produtos artesanais.

 

A adegueira Xiana Domínguez e Reme Martínez no stand do Concello de Trives.

Neste último apartado están, entre outros, A Pobra de Trives que, ademais de promocionar e vender os seus produtos ao longo de toda a semana, fará degustación de Viño, Embutidos, Bica e Mel o sábado 9 de febreiro; O Barco de Valdeorras con degustación de Botelo o domingo 10 de febreiro; Castro Caldelas con degustación de Bica; ou A Veiga, con degustación de Requeixón con Mel.

Outra das actividades destacada do salón é o Tunel do Viño, con caldos de todas as denominacións de orixe galegas entre elas Monterrei e Valdeorras. Na xornada inaugural, xa se vía a moita xente percorrendo os expositores e interesándose polo produtos tradicionais de cada zona.

 

A alcaldesa de Oímbra e deputada provincial Ana Mª Villarino, o presidente da Deputación Manuel Baltar e a presidenta do C.R.D.O. Monterrei Lara da Silva.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button