SanidadeÚltima hora

Trives, o concello ourensán con maior índice de participación na doazón de sangue

Acadou unha taxa de 69 doazóns por cada 1.000 habitantes no ano 2017

As 108.656 doazóns de sangue que se rexistraban en Galicia no pasado 2017, supuxeron que a esta comunidade acadase, por 18º ano consecutivo, as taxas de doazón que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS). Así o salientaron o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García na presentación dos datos. Nesta acto tamén participou María Adelantado Pérez, xefa de área de sangue e compoñentes sanguíneos de ADOS.

Desde ADOS, salientouse o elevado nivel de compromiso e colaboración brindada desde todos os concellos para posibilitar as campañas de doazón. Neste sentido, destacou que 77 municipios acadaron no 2017 os índices recomendados pola OMS, sendo Padrón o concello de maior participación de Galicia, con 105 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.

Pola provincia de Ourense Pobra de Trives acadou unha taxa de 69/1.000, mentres que en Lugo, Meira situouse como o concello con maior taxa de doazón cun índice de 49/1.000; e na provincia de Pontevedra, o concello de maior participación foi A Guarda con 82 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.

Tanto a Consellería de Sanidade como a Dirección de ADOS tiveron verbas de agradecemento para todos os cidadáns que colaboraron doando sangue, ao longo do 2017, e lembraron que, ata o momento, en Galicia tan só doan 4 de cada 100 cidadáns, polo que continuarán desenvolvéndose campañas para incentivar e incrementar a participación dos galegos e galegas. Neste sentido, lembraron que a doazón de sangue precisa dun compromiso e colaboración constantes polo que, no ano 2018, continuarán apelando á solidariedade dos cidadáns para manter a taxa de doazón dentro das recomendacións da OMS.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close