CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Trives prepárase para a cuarta edición dos Cantos de Taberna

Esta proposta musical e festiva, prevista para o 28 de novembro, será organizada pola Asociación Cultural A Caniceira
Participantes da edición dos Cantos de Taberna celebrada en Trives no pasado outono, na praza do Pilón./ Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes da edición dos Cantos de Taberna celebrada en Trives no pasado outono, na praza do Pilón./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ritmo, música e cánticos envolverán as rúas e os locais de hostalaría triveses na tarde-noite do 28 de novembro. A vila celebrará os seus IV Cantos de Taberna, unha iniciativa que promove a Asociación Cultural A Caniceira e que tivo nas súas anteriores edición un tremendo éxito. Todo indica que iso se repetirá de novo nesta ocasión na que teñen xa confirmada a súa participación nove grupos de diferentes puntos da provincia de Ourense e mesmo de Lugo. Trátase de Os Bertolini (Manzaneda), Macizas Centrais (Trives), Mamuxos (Ourense), Manzaneda Banda (Manzaneda), Os Diplomáticos do Orfeón (Trives), Pingalleomoco (Folgoso do Courel), Rondalla Esmorga e San Nordés (ambos de Trives) e o Son do Fiscaíño (O Barco, Trives, O Bolo e Viana).

Cartaz da cuarta edición dos Cantos de Taberna en Trives.
Cartaz da cuarta edición dos Cantos de Taberna en Trives.

O seu percorrido musical comezará ás oito da tarde dende a Praza do Pilón. A partir de aí dirixiranse aos trece establecementos hostaleiros triveses participantes nesta edición: Ardora, Bodegón, Boliche, O Cafeto, Cantina do 4, Casanova, Manolo’s, Pilón, Quintela, San Martín, Sky, Toral e Vigo-Madrid. Neles poderase desfrutar de música en directo, moi variada (dende a tradicional, pasando polo pop e ata boleros) e dun ambiente festivo.

Dende A Caniceira “convidamos a todo o mundo a Trives, asegurando unha xornada ben divertida para a tarde-noite do sábado 28 de novembro”, din dende esta asociación cultural.

Artigos relacionados

Back to top button