A partires das 22h. no Patio de Santa Leonor presentarán o seu segundo disco, “Noró”, nunha actuación que adiantan vai ser moi especial e con sorpresas
Será unha cita moi especial para os irmáns triveses Gutier e Javier Álvarez. Por vez primeira tocarán na súa vila natal, Trives, xunto a Xabier Álvarez e as Adufeiras de Salitre. Nesta noite de vernes 17 de agosto presentarán en concerto no Patio de Santa Leonor a partir das 22h. o disco “Noró, outras músicas do norte”.
A taquilla abrirá 2 horas antes do concerto e as entradas serán a 15 euros. Tamén se poden adquirir entradas por internet en https://entradas.ataquilla.com/. A venta por internet pecharase tamén 2 horas antes.
Máis información na Oficina de Turismo de Trives.