OurenseSen categorizarÚltima hora

Trives prepárase para recibir aos Magos de Oriente

A Cabalgata das súas Maxestades chegará á praza do Concello ao redor das cinco da tarde do 5 de xaneiro
Integrantes da comitiva dos Reis o pasado ano en Trives./ Foto: Concello de Trives.

Este vindeiro sábado, 5 de xaneiro, Trives espera a visita dos Magos de Oriente a partires das 17 horas. A cabalgata das súas Maxestades (Melchor, Gaspar e Baltasar) chegará á Praza do Concello arredor das cinco da tarde.

Unha vez alí, serán recibidos polo alcalde e saudarán desde o balcón da casa consistorial aos nenos e maiores presentes, dirixíndolles ademais unhas palabras. Dende a praza a cabalgata percorrerá as rúas de Trives ata chegar ao Auditorio Julio Vázquez, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos que persoalmente queiran falar con eles e pedirlle os últimos regalos.

Seguridade na cabalgata

Un ano máis, efectivos da Policía Local, xunto co Voluntariado de Protección Civil, despregarán un dispositivo de seguridade destinado “a preservar o disfrute dos máis pequenos, que desexen ver de preto ás súas Maxestades de Oriente”, segundo se adianta dende o Concello de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button