Galerías de fotosÚltima hora

Trives promociona a Bica

Máis de trescentas persoas no xantar popular

 

Un ano máis, e xa van 42, P. de Trives rendía homenaxe ao seu produto gastronómico de referencia: a Bica. E facíao cun multitudinario xantar que se celebraba o sábado 2 de agosto na Finca da Barreira. Alí dábanse cita unhas 300 persoas da bisbarra (moitos, veciños de Trives pero residentes noutros puntos do país) para degustar un completo menú a base de empanada (de carne e bacallau), tenreira galega con patacas e pementos, e por suposto, bica.

O xantar estivo musicalmente amenizado polo Dúo Colores e xa pola tarde-noite, a festa continuaba na praza de San Martiño con baile a cargo da orquestra Poceiro.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button