EconomíaEconomíaÚltima hora

Trives promocionará os seus recursos turísticos e gastronómicos en Xantar

Contará cun stand neste certame internacional, que se celebrará do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro en Expourense
Expositor do Concello de Trives na pasada edición de Xantar.

Entre os concellos que contarán cun stand propio no XIX Salón Internacional do Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebrará en Ourense estará o da Pobra de Trives. Acudirá á mostra, que terá lugar do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro, cun stand maior que o de anteriores edicións para “promocionar a bica e o resto de produtos turísticos do municipio, tales como viño e embutidos, nunha das mellores plataformas que existen agora mesmo en Galicia”.

O Concello trivés, co apoio dos produtores de bica, viño e embutido; considera “especialmente importante a participación en foros deste tipo, xa que a gastronomía é a segunda motivación dos turistas para visitar Galicia, polo que apostamos por esta cita para promocionar a nosa oferta enogastronómica e tamén turística”.

Tamén se incide en que se buscará “dar a coñecer A Pobra de Trives do maior e mellor xeito posible. As dúas adegas do noso Concello terán os seus viños no Túnel do Viño, onde poderán ser catados durante toda a duración da feira polos visitantes á mesma”.

Ademáis o sábado 3 de febreiro será o día adicado ao Concello da Pobra de Trives é ás 13:30h terá lugar unha degustación dos nosos produtos no stand (bica, embutidos, viños). “Animámosvos a que veñades a visitar o noso stand e coñecer un pouco máis da enogastronomía e turismo da Pobra de Trives, e coñecer onde xantar e durmir, que actividades se poden facer ou que visitar neste Concello”, indican dende a administración local.

Artigos relacionados

Back to top button