Galerías de fotosÚltima hora

Trives rende culto ao Santo Cristo

Grande é a devoción que os triveses senten polo Santo Cristo, cuxas festa celebran cada mes de setembro. E unha mostra diso é a solemnidade coa celebran os cultos na súa honra.

Vestidos coas mellores galas e precedidos polo estandarte e polos sacerdotes, os devotos (algúns incluso fan o percorrido descalzos) no mediodía do xoves 14 de setembro acompañaron á imaxe do Santísimo nunha multitudinaria procesión que remataba na igrexa parroquial coa eucaristía.

Máis información e fotos das festas de Trives nos seguintes enlaces:
https://osil.info/procesion-santo-cristo-percorre-as-ruas-de-trives/
https://osil.info/concerto-da-banda-de-musica-de-arcade-no-dia-cristo-trives/

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button