ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Trives réndese ao magosto ao ritmo do Grupo Assia

 

Magosto popular ao ritmo do Grupo Assia na tardiña do 13 de novembro en Trives. Multitude de persoas desfrutaban desta celebración, que se iniciaba a partir das 19:30h. na rúa San Martín da vila. Polo de prezo de 2 euros podía desfrutarse de degustación de castañas dun bocadillo de chourizo ou panceta xunto con viño, auga e Bica de Trives.

Todo isto entregábanse en packs individuais, co logotipo de Terras de Trives, nos que se usaba unicamente materiais reciclables: bolsa, vasos e bandexiñas. Deste xeito o Concello tamén quería plasmar o seu compromiso co medio ambiente a coa Axenda 2030.

 

 

A celebración tivo unha excelente acollida, ata o punto de que se triplicaba a participación rexistrada en edicións anteriores.

Ademais este magosto popular, no que houbo ata bombas,  estaba animada pola actuación do Grupo Assia que facía bailar e cantar aos asistentes.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button