En portadaÚltima hora

Trives reúne os toques do oriente ourensán

Os Labregos organizarán o XII+I Encontro de Folións a partires das cinco da tarde do 19 de febreiro

 

O Folión Os Labregos abrirá o desfile trivés na tarde do 19 de febreiro./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Ata trece folións chegados de diferentes puntos do oriente ourensán daranse cita en Trives na tarde do 19 de febreiro. Desfilarán pola vila no marco do Encontro de folións que dende hai trece anos promoven Os Labregos. Ademais deste folión anfitrión, e dos seus Boteiros, tocarán outros tres triveses: A Caniceira, A Lardeira e As Maceiras.

Tamén estarán os folións de Fradelo (Viana do Bolo), Queixa, Vilariño de Conso, Manzaneda, Buxán (O Bolo), Carracedo da Serra (A Gudiña), Os Arrieiros (Petín), Os Viticultores e A Veiga. O desfile partirá ás catro da tarde dende a Finca da Barreira.

 

Máis información e fotos:

https://www.osil.info/especiales/o-engaiolante-son-do-entroido-envolve-trives/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close