ConcellosÚltima hora

Trives rexistra cinco altas de pacientes con coronavirus e Río outras dúas

O total de casos activos nestes dous concellos é de 14, mentres Manzaneda segue libre de virus

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Redúcense os casos de coronavirus na área do PAC de Trives (Manzaneda, Río e Trives). Así nas últimas horas veñen de rexistrarse cinco altas de pacientes con COVID-19 en Trives e dúas en San Xoán de Río, tal e como se confirma dende os Concellos.

O pasado sábado coñecíase a primeira alta e hoxe outras seis, ao dar negativo os pacientes nos test. “As altas danse cando se fai un test con resultado negativo ou pasadas as catro semanas de dar positivo”, din dende os Concellos.

Deste xeito, cos datos actuais, Manzaneda segue libre de coronavirus, mentres que Trives e Río alcanzaban o pico días atrás cun total de 21 casos activos. A día de hoxe estes dous concellos teñen un total de 14 casos activos: 7 en Trives e outros 7 en Río.

Artigos relacionados

Back to top button