ConcellosTrivesÚltima hora

Trives rexistra un novo positivo de Covid e suma 10 casos activos

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de confirmar esta tarde un novo positivo de coronavirus neste municipio. “Efectuado o reconto de resultados, arestora veñen de comunicarnos a existencia dun positivo máis, polo que a situación é de: 10 positivos”, segundo o comunicado emitido polo Concello.

Trátase dunha persoa “convivente e da mesma unidade familiar de outras que xa computamos en datas anteriores. Toda a unidade familiar estaba illada á espera de resultados e segue confinada. Polo tanto, ten relación directa cun dos anteriores positivos”, segundo se explica dende o Concello de Trives.

Así mesmo, dende esta administración local tamén se sinala que “moitos dos test que se levan feito ata o momento deron resultado negativo. Seguimos á espera de resultados dos test PCR que se están a realizar”.

Artigos relacionados

Back to top button