ConcellosÚltima hora

Trives, Río e Manzaneda adquiren dispositivos de control de temperatura para a “desescalada”

Estarán nos edificios públicos municipais e prevese comezar a usalos a primeiros de maio

 

Coa mirada posta na desescalada, os Concellos da Pobra de Trives, Río e Manzaneda veñen de adquirir dispositivos para medir a temperatura corporal como “medida preventiva para cando se produza a desescalada da situación do estado de alarma pola crise sanitaria. Estes dipositivos serán empregados nos edificios públicos municipais”, segundo informan estes tres concellos. Prevese empezar a usalos a primeiros do mes de maio.

Esta medición realizarase con “tecnoloxía avanzada infravermella (IR), un tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior que a visible”, matizan estas administracións locais.

Coa aplicación desta medida estes tres concellos pretenden “verificar se o estado de saúde dos traballadores pode constituír un perigo para eles mesmos ou para o resto do persoal, ou persoas coas que teñan contacto por mor das súas funcións, como medida de vixiancia da saúde dos traballadores/as e, por outra banda, para toda a veciñanza para procurar minimizar o risco de contaxio daqueles que acudan ás instalacións públicas: Casas dos Concellos, bibliotecas, Casas da Cultura, pavillóns deportivos, etc)”, tal e como indican os alcaldes.

Artigos relacionados

Back to top button