Tamén se rexistra unha tendencia crecente nas cifras de casos activos na área do PAC de Trives. Segundo os datos comunicados polo Sergas ao Concello da Pobra de Trives, son 8 os positivos rexistrados neste municipio, o que supón 5 máis que o pasado martes.
No caso de Manzaneda mantéñense 2 positivos, o que suma un total de 10 casos activos no PAC de Trives. O único concello do PAC que segue libre de virus é o de San Xoán de Río.
Dende o Concello de Trives solicitan que se extremen as precaucións e “as medidas de seguridade para evitar contaxios”.