ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Trives suma 49 casos activos de Covid, 1 máis que onte, e Manzaneda mantén 10

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense, aínda que de forma leve, a tendencia á alza de casos activos de coronavirus na Área do PAC de Trives. Así, neste domingo, A Pobra de Trives rexistra 49 positivos por Covid-19, 1 máis que onte; mentres que Manzaneda continúa con 10, segundo os datos comunicados polo Sergas aos concellos (actualizados ás 18h. de onte). Isto supón un total de 59 casos activos na área deste PAC, tendo ademais en conta que o municipio de San Xoán de Río continúa libre de virus.

Dende os Concellos de Trives e Manzaneda insístese en pedir prudencia e precaución ante a situación sanitaria, e incídese na importancia de que se sigan gardando as medidas de seguridade e autoprotección.

 

Artigos relacionados

Back to top button