En portadaÚltima hora

Trives suma un novo positivo por Covid e pide extremar as precaucións

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello da Pobra de Trives vén de confirmarse un novo caso positivo de Covid-19. Trátase dun veciño desta vila que traballa no veciño municipio de San Xoán de Río.

Esta é “unha situación que a persoa afectada tamén fixo público no día de hoxe. Dende o Concello queremos amosarlle o noso agradecemento por ese xesto e desexámoslle unha pronta recuperación”, sinalan dende o Concello trivés.

Ademais esta administración local adianta que, despois da reunión do comité de emerxencia que teñen previsto celebrar este venres, “trasladaremos a toda a veciñanza a información para o voso coñecemento”. Insístese tamén en apelar “á tranquilidade pero tamén á responsabilidade individual de extremar as precaucións por todos xa coñecidas”.

Artigos relacionados

Back to top button