ConcellosÚltima hora

Trives súmase á campaña “En negro, contra a violencia” de xénero

Entre o 20 e o 25 de novembro realizaranse diversas actividades, como unha ruta e unha homenaxe musical, dirixidas a sensibilizar á poboación fronte a esta problemática

 

Este luns 20 de novembro comezaban en Trives os actos para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, cuxa data é o 25 de novembro. Tiña lugar a colocación das pancartas no balcón do Concello e na Praza do Reloxo. O programa incluirá tamén outras actividades o día 22 dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. Así co “obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, comenzarán a tinguir de negro o pobo a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo…”, aseguran dende o Concelo.

Xa o día 25, sábado, Día Internacional da Violencia de Xénero, terá lugar unha ruta por Trives, “Trives en Negro”, percorrendo o casco urbano da vila. A saída é ás 12 da mañá diante da Praza do Concello. Ás 13h. na Praza do Pilón, continuarán coa “Lectura Do Manifesto”, e a continuación xa finalizando o acto “Música contra as violencias”, unha pequena homenaxe musical feita por mozos e mozas de Trives.

“Estamos a traballar contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia”, sinalan dende o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button
Close