ConcellosEn portadaTrivesÚltima hora

Trives suspende a feira do 1 de setembro polo “incesante incremento de contaxios”

Imaxe dunha feira en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante a situación sanitaria que está a vivir A Pobra de Trives neste momento, o Concello vén de anunciar que se suspende a feira do día 1 de setembro. “Vémonos na obriga de ter que tomar esta decisión debido ao incesante incremento de contaxios no municipio e que proveñen de distintos gromos. Unha situación complicada que aconsella pospor a celebración do mercado ata unha estabilización”.

Nestes momentos son 24 os casos activos rexistrados na Área do PAC de Trives, dos cales 20 corresponden a veciños de Trives e 4 a veciños de Manzaneda, segundo os datos comunicados polo Sergas ao Concello. “Hoxe son 24 os contaxios no PAC notificados pero esperamos incremento cos casos que coñecemos que se están a dar e aínda non foron comunicados”, indican dende o Concello de Trives.

 

 

Cribado mañá en Trives

Ademais, para mañá martes está previsto un cribado poboacional de Covid no pavillón de deportes de Trives para persoas de entre 12-45 anos. Tamén para residentes ocasionais.

A cita pode solicitarse en:
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Artigos relacionados

Back to top button