ConcellosÚltima hora

Trives suspende as escolas deportivas e pecha 15 días a escola de música e a biblioteca

O Concello vén de facer este anuncio a través das redes sociais. Ademais suspende toda actividade no Auditorio Xulio Vázquez

Casa do Concello de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tendo en conta os últimos acontecementos e as recomendacións feitas para previr e evitar a propagación do coronavirus, o Concello da Pobra de Trives vén de anunciar que “suspende a actividade das escolas deportivas municipais, as competicións en instalacións, escola de música e biblioteca durante dúas semanas, seguindo a decisión adoptada hoxe polo Consello da Xunta de Galicia de peche de centros escolares, museos”.

Ademais na nota publicada a través das redes sociais o Concello tamén anuncia que “queda suspendida toda actividade no Audiorio Xulio Vázquez durante quince días”. Ademais dende esta administración local faise un “chamamento á responsabilidade individual e colectiva e apelamos á calma de toda a veciñanza”.

 

Artigos relacionados

Back to top button