SanidadeÚltima hora

Trives tamén se mobiliza a favor da área sanitaria valdeorresa

Unhas 70 persoas se concentraban xunto ao centro de saúde da vila para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia
Veciños de Trives concentrado xunto ao centro de saúde desta vila.

No mediodía do 6 de setembro tamén Trives se sumaba ás concentracións realizadas en diversos puntos do oriente ourensán como O Barco e Viana do Bolo para defender a área sanitaria de Valdeorras. Unhas setenta persoas se reunían no exterior do Centro de Saúde trivés para manifestar pedir unha “sanidade pública, de proximidade e de calidade, independentemente de onde se viva”. Tamén pedían a retirada do anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galicia, que inclúe a desaparición da área sanitaria de Valdeorras.

Jorge Vázquez, concelleiro de Son de Trives, como membro da Plataforma e coordinador desta concentración, salientaba o éxito desta primeira convocatoria, á vez que reafirmaba a súa vontade de seguirse poñendo á disposición da veciñanza para continuar coas concentracións tódolos mércores ata que se retire o anteproxecto. Tamén lamentou a falta de participación do Concello nesta concentración.

O coordinador da concentración, Jorge Vázquez, dirixíndose aos asistentes,

Tamén anunciaba que o próximo martes 12, ás 20:00h haberá unha charla informativa na Casa da Cultura onde integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de O Barco comentarán os pormenores deste tema e resolverán posibles dúbidas.

Artigos relacionados

Back to top button