ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives vibra cos XII Cantos de Taberna

Esta iniciativa, promovida pola A.C. A Caniceira, enchía de ritmo e público os bares da vila na noite do 23 de novembro

 

Botando de man de todo tipo de instrumentos (dende pandeiretas e bombos ata acordeóns) poñíase en marcha ás sete da tarde do 23 de novembro unha exitosa 12ª edición dos Cantos de Taberna de Trives, que promove a Asociación Cultural A Caniceira.

Como vén sendo costume, o punto de partida dos dez grupos participantes era a praza do Pilón. Alí se daban cita San Nordés (Trives), Son do Bibei (Valdeorras), Os Bolécoras (Manzaneda), As Macizas Centrais (Trives), Os Relamidos (Ourense), A Papuxa (Vigo), Rondalla (Trives), Parrandas (Valdeorras), Os Trabazos (Castro Caldelas) e Sómosche d’Herbas (Trives).

Tras foto de familia de rigor, separábanse para iniciar un animado e divertido percorrido (guiado por membros da organización) polos doce bares que participaban non circuíto deste ano: polos doce locais participantes nesta edición: San Martín, Cafeto, Quintela, A Cantina do 4, Boliche, Manolo’s, Bodegón, Sky, Troula, Casanova, O Paíño e Panadería María.

En cada un destes establecementos os grupos eran agasallados con bebidas e petiscos no decurso das súas actuacións. Tras completar o seu traxecto os músicos volvían reunirse, pero desta vez, na praza do Reloxo onde finalazaba a medianoite este evento musical coa xa tradicional entrega de diplomas de agradecemento.

Tamén se sortearon 2 lotes de produtos caniceiros entre os grupos asistentes. Despois varios dos músicos seguían a festa polas tabernas facendo que a festa non parase.

Fotos cedidas pola A.C. A Caniceira.

Artigos relacionados

Back to top button