En portadaÚltima hora

Trives vibrará o 4 de febreiro co ritmo de 13 folións do oriente ourensán

A vila será escenario do XIV Desfile de Folións e Boteiros, promovido polo Folión Os Labregos
Os Labregos, abrindo o desfile da pasada edición deste encontro de folións en Trives./ Foto: A.R.

Dende a Finca da Barreira ás catro da tarde do domingo 4 de febreiro partirá o XIV Desfile de Folións e Boteiros de Trives. Esta cita, promovida polo Folión Os Labregos coa colaboración do Concello trivés, congregará os sons e as máscaras de ata 13 folións do oriente ourensán.

Ademais do anfitrión, o Folión Os Labregos, polas rúas da vila tocarán outros tres folións triveses: As Maceiras, A Caniceira e A Lardeira. Tamén participarán neste encontro os folións de Fradelo (Viana do Bolo), Buxán (O Bolo), Carracedo da Serra (A Gudiña), Os Arrieiros (Petín), a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso, o folión de Queixa, o de Manzaneda, A Veiga e Os Viticultores (Vilamartín).

Artigos relacionados

Back to top button